Bayard Demaria Boiteux (1916 - 2004)

NA ESCOLA, TAL COMO NO MUNDO, TODOS SOMOS PROFESSORES E TODOS SOMOS ALUNOS.
(Faculdade Economia Porto)

terça-feira, maio 31, 2011

Interlúdios...: Adiós, montes e prados, igrexas e campanas

Adiós, montes e prados, igrexas e campanas;
adiós, Sar e Sarela cubertos de enramada;
adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas;
Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas;
San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas;
Balvís, para min sempre o das fondas lembranzas;
Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa
- vidas da miña vida, anacos das entrañas -
e vós tamén, sombrisas paredes solitarias
que me vicheis chorare soia e desventurada;
adiós, sombras queridas; adiós sombras odiadas;
outra vez os vaivéns da fertuna
pra lonxe me arrastran.
Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba:
os mesmos montes negros i as mesmas torres pardas
da catedral severa ollando as lontananzas.
Mais os que agora deixo tal coma a fonte mansa
ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas,
¡canto, cando eu tornare, vítimas da mudanza,
terán de presa andado na senda de desgracia!
I eu..., mais eu ¡nada temo no mundo,
que a morte me tarda!
(Rosalía de Castro)
Não há machado que corte a raiz ao pensamento...

Nenhum comentário: